jueves, 20 de diciembre de 2012

Actividades para la Navidad del Concello de Vigo


Queridas familias os informamos de las actividades para estas vacaciones de Navidad que nos ofrece el Concello de Vigo. Esperamos que sean de vuestro interés.








 Nadal en galego

Actividades, gratuítas, lúdicas e culturais para nenos, nenas e persoas adultas

21 decembro, venres
18:00 h Conto viaxeiro na Ludoteca do CRAC Coruxo -a partir de 3 anos-

22 decembro, sábado
11:30 h Conto viaxeiro no MARCO -a partir de 3 anos-
12:00 h O Quiquiriquí na Biblioteca Central -4 e 5 anos-
12:00 h Fai un títere na AVV Saiáns (inscrición na AVV)
17:00 h Contos das nosas fragas na AVV Saiáns -maiores 18 anos-

23 decembro, domingo
12:00 h O Quiquiriquí no Verbum -4 e 5 anos-

26 decembro, mércores
12:30 h O Quiquiriquí na Ludoteca de Bembrive -4 e 5 anos-
12:30 h Contos das nosas fragas no Nadal na Casa da Xuventude -a partir de 4 anos-
18:30 h Contos das nosas fragas no Nadal na AVV Calvario -a partir de 4 anos-

27 decembro, xoves
11:30 h Conto viaxeiro na Ludoteca do CVC de Valadares -a partir dos 3 anos-
12:30 h Contos das nosas fragas no Nadal na Ludoteca de Bembrive -a partir de 4 anos-
18:00 h Cantos do bardo Abelardo na Biblioteca Neira Vilas -a partir de 3 anos-
18:30 h Contos das nosas fragas no Nadal na AVV Teis -a partir de 4 anos-

28 decembro, venres
12:30 h Conto viaxeiro na Casa da Xuventude -a partir de 3 anos-
12:30 h Contos das nosas fragas no Nadal na Ludoteca de Coia -a partir de 4 anos-
17:00 h Contos das nosas fragas no Nadal na Ludoteca do CRAC Coruxo -a partir de 4 anos-
18:30 h Conto viaxeiro na AVV Calvario -a partir de 3 anos-

29 decembro, sábado
12:30 h Conto viaxeiro na Biblioteca Central -a partir de 3 anos-

30 decembro, domingo
12:00 h O Quiquiriquí no Centro Comercial Gran Vía -4 e 5 anos- con intérprete de lingua de
signos

2 xaneiro, mércores
12:30 h Conto viaxeiro na Ludoteca de Coia -a partir de 3 anos-

3 xaneiro, xoves
11:30 h Fai un títere no CCAR "O Rueiro" Coia (inscrición no CCAR -boletín inscrición-)
11:30 h Contos das nosas fragas no Nadal no CVC de Valadares -a partir dos 4 anos-

4 xaneiro, venres
10:45 h Na ponte ao Vivo! no Auditorio Mar de Vigo -a partir de 3 anos- Entrada 1 €
12:00 h Na ponte ao Vivo! no Auditorio Mar de Vigo -a partir de 3 anos- Entrada 1 €
12:30 h Conto viaxeiro na Ludoteca de Bembrive -a partir de 3 anos-
16:30 h Fai un títere no Auditorio Mar de Vigo boletín inscrición Entrada 1 €
17:30 h Fai un títere no Auditorio Mar de Vigo boletín inscrición Entrada 1 €
18:45 h Polo correo do vento no Auditorio Mar de Vigo -a partir de 3 anos- con intérprete de
lingua de signos Entrada 1 €

Enderezos:

AVV Calvario / avda. E. Martínez Garrido, 12-interior / 986 27 11 87
AVV Saiáns / rúa Eira Vella, 4 / 986 49 19 18
AVV Teis / rúa Gerardo Campos Ramos, 2 / 986 26 60 45
Biblioteca Central / rúa Joaquín Yáñez, 6 / 986 22 90 74
Biblioteca Neira Vilas /avda. E. Martínez Garrido, 21 / 986 26 77 59
Casa da Xuventude / López Mora, 31 / 986 29 48 06
Centro Comercial Gran Vía / rúa Miradoiro, 2 -2.ª planta
Ludoteca CRAC Coruxo / estrada Camposancos, 226 / 986 49 11 71 986 46 07 36
Ludoteca CCAR "O Rueiro" Coia / rúa Baiona, 9-baixos igrexa Cristo da Victoria / 986 48 68 20
Ludoteca CVC Valadares/ camiño do Pedregal, 6/ 986 46 70 53
Ludoteca de Bembrive / Centro Cultural Helios, alameda do torreiro, s/n / 886 12 59 98
Ludoteca de Coia / pavillón deportes Coia, avda. Castelao, s/n / 986 24 27 37
MARCO / rúa Príncipe, 54 / 986 11 39 00
Verbum / avda. de Samil, 17
Auditorio Mar de Vigo / avda. de Beiramar, 59 / 986 13 79 40

Información das actividades:

Todas as actividades teñen unha duración de 1 hora.

- Contos das nosas fragas: achegámonos a obras da nosa literatura tales como O bosque
animado ou Os lobos que nos permitirán ver dun xeito diferente a natureza, e en particular os
nosos últimos bosques propios: fragas, faias, carballeiras, soutos, reboleiras... Sabermos dos
seres que habitan estes espazos naturais, lendas e historias que nos posibilitarán coñecer o
medio natural galego para respectar e participar deste o noso medio.

- Contos das nosas fragas no Nadal: a través da narración de diferentes contos as cativas e
cativos irán coñecendo a natureza, e en particular, os nosos últimos bosques propios: fragas,
faias, carballeiras, soutos, reboleiras... Saberán algo máis dos seres que habitan estes espazos naturais, as súas lendas e historias. E como estamos próximos ao Nadal o Apalpador, os lugares que habita e a súa tradición, compartirá protagonismo nestas narracións.

- Fai un títere: unha actividade lúdica que ademais de achegarnos ao mundo dos monicreques, pretende ensinar a elaborar xoguetes e desenvolver a actividade creativa. Con materiais e elementos sinxelos imos construír un títere de variñas.

- Conto viaxeiro: mestura a narración dunha historia con ilustracións de personaxes mentres se está contando a historia. Promover a lectura, a comprensión oral en galego e a creatividade dos nenos e nenas son algúns dos obxectivos que queremos acadar con esta actividade.

- O Quiriquiquí: cantigas divertidas con baile, con xogos e efectos audiovisuais.

- Cantos do bardo Abelardo: aprenden divertidas panxoliñas, co acompañamento musical do
bardo.

- Polo correo do vento "A longa viaxe de Panchito": conto ilustrado no que tentaremos realizar
unha maridaxe entre a narración, a música e a ilustración. Así, mentres o narrrador conta a
historia acompañado, nalgúns momentos, de música, o ilustrador realiza un mural relacionado
coa historia que se relata. Logo farase unha rolda de prensa: o público preguntará sobre a
historia e o debuxo. Remataremos cun obradoiro de debuxo.

- Na ponte ao Vivo!: escenificación dun programa de radio en directo. Móntase un escenario que imita un aparello de radio, dentro do que se realiza un programa radiofónico dirixido por Xurxo Souto. As cativas e cativos poderán participar e descubrir o mundo da radio de preto, xa que se poden sentar na mesa de locución e acompañar o condutor do programa. Bailar, cantar e sentirse profesionais da radio por un intre.