lunes, 17 de junio de 2013

Taller informativo "Os menores e o uso seguro das redes sociais"

Queridas familias os informamos de un taller informativo que creemos puede ser de vuestro interés:

O Centro Demostrador TIC acollerá vindeiro 18 de xuño o taller formativo sobre Os menores e o uso seguro das redes sociais organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

O taller, que será impartido en horario de 17:45 a 20:15h, ten como obxectivo sensibilizar aos pais sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.


Nas xornadas participarán como relatores María de Sousa-Valadas Castaño User Support & Translations Manager de Tuenti, Gonzalo Sotelo membro do Equipo de Delincuencia Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Marta García de la Concha Álvarez Fiscal Delegada de Criminalidade Informática na Provincia de Pontevedra e por último contaremos a participación dun colexiado do CPETIG. No documento anexo pode consultar o Programa completo do Taller.

A sesión vai dirixida a todas aquelas persoas, especialmente pais, titores e formadores que se estean interesados en preparar aos menores para afrontar a cara menos amable da Rede e dese modo dar forma ao seu futuro dixital. A asistencia é de balde, condicionada ao aforo da sala e previa inscrición en liña na web do CDTIC: http://cdtic.xunta.es/tic-menores

Pode ampliar máis información sobre o Centro Demostrador TIC, as súas actividades e instalacións na páxina web do centro http://cdtic.xunta.es.

Centro Demostrador TIC de Galicia
 
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo
15702 - Santiago de Compostela
A Coruña

Teléfono 881 995 200
http://cdtic.xunta.es