lunes, 23 de febrero de 2015

Contacontos para todo o barrio no Centro Gárate gracias a Xaruma e ao noso colexio

Estimadas familias:

Comprácenos poñernos en contacto con vostedes para darlles a coñecer

unha nova iniciativa piloto que pretenden poñer en marcha no barrio

de Teis dende o Colexio Apóstolo Santiago e Xaruma.

Xaruma é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa por un lado, no

ámbito do Tempo Libre, e ademais, especificamente, no campo da Saúde

Mental, e vén colaborando co Colexio Apóstolo dende hai varios anos.

Un dos proxectos que queren poñer en marcha, e asentar

conxuntamente, é o de abrir un espazo, a xeito de Ludoteca, que

sexa tamén aberto ao barrio de Teis, e van comezar cunha proposta

de Contacontos e Talleres para nenos e nenas, os venres pola tarde ao

finalizar as clases.

Comezarán o próximo venres 27 de febreiro ás 17.30 nos locais de

Xaruma, situados no Centro Gárate.

Nesta primeira ocasión, estará especialmente indicado para nenos entre

6 e 8 anos, fundamentalmente de 1º e 2º  EP, aínda que aberto a idades

próximas. A actividade é completamente gratuíta.

Por suposto, ao igual que sucede noutros contacontos en librerías e/ou

bibliotecas, os nenos e nenas deberán estar baixo a supervisión das súas

familias en todo momento.