martes, 17 de febrero de 2015

Recollida de libros ara bibliotecas de aula

Estimadas familias,
Este ano, o ANPA, coa colaboración da Rede Solidaria da Mocidade, dado o éxito da anterior recollida e atendendo ás vosas peticións, propoñémosvos unha nova doazón dos libros de lectura que xa non precisan os nosos fillos e que están na casa sen uso, para seguir completando e renovando as bibliotecas de aula das clases.
Co gallo de seguir educando na importancia de facer un consumo responsable, de compartir e de reutilizar, ao longo da semana do 23 ao 27 de febreiro, recolleremos todos os libros que xa non precisedes, pero que están en perfecto estado de uso. Podedes entregalos na recepción do Colexio ou ben os poden levar os nenos ás aulas.
Coa axuda dos voluntarios da Rede encargarémonos de recollelos e organizalos para que contribúan á renovación das bibliotecas de aula, cos conseguintes beneficios para os nosos fillos e fillas.
As bibliotecas de aula de Primaria están formadas polos libros que están a disposición dos alumnos, para a súa lectura na propia aula ou en préstamo para a casa.
Agradecemos de antemán a vosa imprescindible colaboración para realizar calquera proxecto.