domingo, 21 de junio de 2015

Banco de libros

Estimadas familias:
De novo este ano, desde a ANPA e en colaboración co Colexio, imos pór en marcha un Banco de Libros de Texto para Primaria, ESO e Bacharelato que foi concibido como un sistema de reutilización similar ao roupeiro, e que como sabedes xa funcionou con éxito o ano pasado.
Este banco de libros é independente da obriga de devolución dos libros adquiridos cos vales de axuda da Xunta de Galicia.
As familias que doen os libros de texto non recibirán ningunha contra prestación, salvo o agradecemento de toda a comunidade educativa. Unicamente se recollerán os libros que é posible reutilizar.
As solicitudes dos libros de texto que se precisen durante o curso 2015/16 realizaranse por escrito e de forma presencial. No caso da ESO e Bacharelato, é imprescindible achegar o listado completo dos libros solicitados, debido ás distintas optativas e itinerarios.
A atención ás solicitudes dos libros farase por estrita orde de presentación destas no Centro Loyola e adxudicaráselle a cada unha un número de rexistro, segundo a orde de entrada, na que terán preferencia os socios da ANPA, en caso de non chegar os libros para tódalas familias.
Horario do banco de libros:
● Días 22, 23, 24, 25 e 26 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas para recollida de solicitudes e recepción de libros doados altruistamente. Pregámosvos que os libros veñan agrupados por cursos e en bolsas que logo reutilizaremos para entregarlles os lotes ás familias.
● Na tarde do día 26, publicaranse no blog da ANPA os números de rexistro dos lotes de libros que se poidan recoller.
● Posteriormente, os días 29 e 30 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas, entregaránselles os libros solicitados ás familias.
● En setembro, abrirase de novo o prazo para ESO e Bacharelato, os días 10 e 14 de 9 a 10 horas e de 16 a 17 horas
Lamentablemente non podemos garantir a entrega de todos os libros solicitados, xa que iso depende do número de doazóns que recibamos, polo que vos ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR.
Por último, pedimos a vosa imprescindible colaboración para a realización deste traballo, todas as mans serán poucas. Todos os que poidades dedicar algo de tempo ao banco de libros, por favor, poñédevos en contacto con anpa@colegioapostol.com, comunicándonos a vosa dispoñibilidade de horarios.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión cos posibles erros que se cometan neste proxecto que abordamos para beneficio de todos.
Recibide un cordial saúdo
(O impreso de solicitude e o listado de libros válidos para este banco de libros está a vosa disposición na web do Colexio)