miércoles, 21 de junio de 2017

BANCO DE LIBROS




    
De novo este ano, desde a ANPA e en colaboración co Colexio, volvemos  pór en marcha o Banco de Libros de Texto para Primaria, ESO e Bacharelato que foi concibido como un sistema de reutilización, e que como sabedes ven funcionando con éxito dende 2014.


Este banco de libros é independente da obriga de devolución dos libros facilitados polo fondo solidario da  Xunta de Galicia.


As familias que doen os libros de texto non recibirán ningunha contra prestación, salvo o agradecemento da comunidade educativa. Unicamente se recollerán os libros que é posible reutilizar, polo que achegamos o listado dos libros válidos para o curso 2017/18.


As solicitudes dos libros de texto que se precisen durante o curso 2017/18 realizaranse por escrito e de forma presencial. No caso da ESO e Bacharelato, é imprescindible achegar o listado completo dos libros solicitados, debido ás distintas optativas e itinerarios.


A atención ás solicitudes dos libros farase por estrita orde de presentación destas no Centro Loyola, adxudicaráselle a cada unha un número de rexistro segundo a orde de entrada, na que terán preferencia os socios da ANPA, no caso de non chegar os libros para tódalas familias.


O impreso de solicitude e os listados de libros válidos para este banco de libros estarán a vosa disposición na web do Colexio e no blog do Anpa


Horario do banco de libros:


     Días  26, 27 e 28 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas para recollida de solicitudes e recepción de libros doados altruistamente. Pregámosvos que os libros veñan agrupados por cursos e en bolsas que logo reutilizaremos para entregarlles os lotes ás familias.


     Na tarde do día 28 de xuño, publicaranse no blog da ANPA os números de rexistro dos lotes de libros que se poidan recoller.


     Posteriormente, os días 29 e 30 de xuño de 9:30 a 11 horas e de 16 a 17 horas, entregaránselles os libros solicitados ás familias, sendo obrigatoria a presentación do xustificante da solicitude.


     En setembro, abrirase de novo o prazo para ESO e Bacharelato, os días 14 e 15 de 9 a 10 horas e de 16 a 17 horas


Lamentablemente non podemos garantir a entrega de todos os libros solicitados, xa que iso depende do número de doazóns que recibamos, polo que vos ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR.


Por último,  pedimos a vosa imprescindible colaboración para a realización deste traballo. Todos os que poidades dedicar algo de tempo ao banco de libros, por favor, poñédevos en contacto con actividadesanpa.colegioapostol@gmail.com, comunicándonos a vosa dispoñibilidade de horarios.


Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión cos posibles erros que se cometan neste proxecto que abordamos para beneficio de todos.



Anpa Apóstol